O prestixioso gaiteiro bretón PATRICK MOLARD impartirá un cursiño en FERROL entre os días 1 ó 3 de maio, actividade que pechará cun CONCERTO DIDÁCTICO aberto ó público e gratuito o XOVES, día 4, no CENTRO CULTURAL "TORRENTE BALLESTER" (R/ Hospital) de FERROL, ás 20:00 h.
A organización deste evento corre a cargo da Asociación "Agarimo" de Catabois.
-
PATRICK MOLARD en FERROL
@ 2006-04-25 – 17:36:12
-
MANUEL LORENZO BARXA (1878-1959): Un gaiteiro ferrolán á antiga usanza
@ 2005-12-28 – 14:00:23

Traballo de investigación sobre a figura
e obra musical do mestre gaiteiro ferrolán
MANUEL LORENZO BARXA (1878 - 1959),
fundador do Coro "Toxos e Froles" no ano 1914Col. Biblioteca de Ferrolterra, Edic. Embora, Ferrol, 1997
Autores:
Fernando DOPICO BLANCO & María do C. SANTISO MEDÍN
-
"VAI RAÃA-LA ..."
@ 2005-12-28 – 02:18:45
Este é a pinta coa que presentámonos e o nome co que autobautizámosnos ¡xa fai anos, xa ...! algúns gaiteiros, maiores dos 30/40, fundadores da Banda de Gaitas Cidade de Ferrol que vémonos tódolos martes para tocar a gaita, ¡mellor ou pior segundo o día ...!, e para rirnos tomando unha cervexa. Vai raña-la somos (de-de-rei-ta-a-es-quer-da): DANIEL CÁNOVAS C., LUIS RDEZ. SILVAR, PACHI GARCÍA C., MARÍA DO C. SANTISO M., FUCO X. PÉREZ R., FERNANDO DOPICO B.

_01_small.jpg)

_01_small.jpg)